O CPR Inmaculada, coa colaboración do Concello, impulsa esta iniciativa coa que se queren xuntar bolígrafos, lapis mecánicos, fluorescentes e outro tipo de material para recadar fondos para a ONG Misevi
Reciclaxe solidario para coidar o planeta e apoiar proxectos en países en vías de
desenvolvemento. Ese é o obxectivo da campaña lanzada polo CPR Inmaculada e
na que colabora o Concello de Marín. A concelleira de Educación, Marián
Sanmartín, acompañou ao equipo docente na presentación da iniciativa, que se
terá distintos puntos de recollida na vila.
O obxectivo é conseguir reciclar material escolar: bolígrafos, rotuladores,
fluorescentes, marcadores, lapis mecánicos, correctores e estilográficos que se
consumen día a día. A empresa Terracycle será a encargada da xestión deses
residuos, de tal xeito que por cada 20 kg de material escolar reciclado, créanse
puntos canxeables por cartos para a ONG Misevi.
Esta organización non gubernamental pon en marcha en Angola e Bolivia
proxectos educativos e de apoio a mulleres e a outros colectivos desfavorecidos.
Tal e como informaron hoxe na rolda, haberá tres puntos de recollida do material:
no propio CPR Inmaculada, na entrada do Concello e na entrada da Biblioteca
Pública Vidal Pazos.
Por outra banda, a iniciativa está aberta a outros centros educativos, que poden
rexistrarse na campaña escribindo un email a oficina.proyectos@misevi.es.