Reunión para avanzar no nomeamento de Feijeiro coma fillo predilecto.

A concelleira de Cultura e instructora do expediente de nomeamento de Blanco
Freijeiro como fillo predilecto, Beatriz Rodríguez, informou esta mañá do inicio do
período da exposición pública deste expediente, que poderá ser consultado por
toda a poboación marinense.

Para ler o contido do expendiente, abonda con entrar na Sede Electrónica
(https://sede.concellodemarin.es/) e para facer algunha aportación, pódese facer a través do apartado Solicitude Xenérica.

O obxectivo é poder aprobar definitivamente o nomeamento no Pleno de
novembro, antes de que se celebre unha nova edición das Xornadas Blanco
Freijeiro, que servirán de marco para todos os actos e accións que se levarán a
cabo para promocionar e alentar o nomeamento.

Esta iniciativa foi impulsada polo Club de Opinión Portocelo e apoiada por
entidades sociais e culturais como o Ateneo Santa Cecilia, a Asociación para a
Defensa da Ría (APDR), a Asociación Cultural Ronsel, o Colectivo Queremos
Galego, a Asociación de Antiguos Alumnos do Instituto Laboral de Marín, a
Asociación Cultural Evangélica Kalos e a Asociación Cultural Almuinha.

No expediente, anéxanse documentos coa biografía de Blanco Freijeiro, recabada
da Academia de la Historia, na que se fala das súas distintas tapas universitarias e
académicas e do seu labor como arqueólogo humanista. Ademais, achéganse
distintos documentos culturais e de divulgación científica, manuais, traducións,
premios, colaboracións, cargos, honras e recompilacións de comentarios e
publicacións.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *