Veciños e Xunta na reunión mantida esta mañá.

A Xunta de Galicia e os representantes da Illa de Ons coincidiron en sinalar o bo funcionamento de acceso á illa, habilitado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, para facilitar os veciños, polo que se manterá como sistema que regule as entradas e saídas do veciños a esta illa do Parque Nacional Marítimo Terrestre.

A secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente, Carmen Bouso, e a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, mantiveron esta mañá unha reunión cunha representación da corporación municipal e dos veciños da Illa de Ons. En todo caso, na reunión abordouse a oportunidade de profundizar nas posibilidades dunha simplificación do actual sistema, petición sobre a que a Consellería de Medio Ambiente se mostrou aberta a estudar e analizar as posibilidades.

Desde Medio Ambiente trasladouse que a atenderá todas aquelas propostas que supoñan unha mellora para os veciños, tal e como se fixo coa instalación dun desfibrilador, de habilitar un servizo sanitario e de mellorar os accesos para as persoas con dificultades de mobilidade. Nese sentido, Do Campo recordou que a Xunta de Galicia habilita distintos programa de axudas e incentivos que teñen por finalidade mellorar os equipamentos neste tipo de espazos. Así, invitou ao Concello e aos veciños a solicitar unha axuda das futuras convocatorias para mellorar o sistema de abastecemento e de iluminación ou outras accións que repercutan no beneficio dos veciños.

No transcurso da reunión os veciños tamén preguntaron polas concesións. A Xunta trasladoulles o compromiso de analizar a situación legal das vivendas, e dos anexos, caso por caso, vivenda a vivenda; indicoulles que facer un pronunciamento sobre a concesión dos inmobles, non é un traballo sinxelo, senón que precisa dunha profunda revisión normativa.

Por último, a directora xeral agradeceu o apoio e colaboración do Concello e dos veciños coa conservación dos valores naturais desta illa, e avanzoulles que nos vindeiros meses faranse traballos de limpeza e roza da vexetación dos camiños e eliminación de especies invasoras, para facilitar a expansión da vexetación autóctona.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *