Presentación do Campionato esta mañá na Casa da Xuventude de Cangas.

A explanada das naves de Ojea acollerá esta fin de semana o IV Campionato de Petanca AECC Cangas, un encontro organizado pola Asociación Española Contra el Cáncer de Cangas co fin de recadar fondos para poder seguir axudando a todas aquelas persoas e familias que ao longo do ano requiren dos seus servizos. «Este campionato realízase non só co fin de recadar senón tamén para dar visibilidade á Asociación porque a xente sabe que existimos pero non os servizos que prestamos», explicou o presidente da AECC de Cangas, Raúl Cerna.

Durante a pandemia a entidade atendeu a máis de 300 persoas enfermas de cancro e familiares e psicoloxicamente a enfermos de Covid, a parentes por duelo, asistencia a domicilio, aos hospitais e, mesmo, ao supermercado. «Todos eses servizos hai que pagalos e mantémonos polos socios, e actos como este é para que a xente saiba que traballamos por un interese xeral», aclarou Cerna.

Na presentación do campionato tamén estivo presente a alcaldesa, Victoria Portas, quen enxalzou que «cada ano hai máis equipos que queren participar e iso demostra o interese por este deporte».

A inscrición xa está pechada e espérase que participen 70 persoas de 24 equipos da categoría de absoluta e da provincia de Pontevedra. A entrada é gratuíta e os encontros desenvolveranse o sábado 7 de 9 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 horas. O domingo, só pola mañá, de 9:00 a 13:00 horas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *