Reunión xurado do premio Johán Carballeira.

Xandra Táboas Martínez e Adrián Mosquera Pazos resultaron gañadores do XXIV Premio Johán Carballeira de Poesía convocado polo Concello de Bueu coa obra colectiva titulada ‘Dou aulas de ioga por videoconferencia’, que salientou de entre as cincuenta presentadas. O xurado, que se reuniu este venres, 7 de maio, estivo conformado polo crítico e profesor Ramón Nicolás, a integrante do Departamento de Filoloxía Galega da UVigo Antía Monteagudo, e a poeta Elvira Ribeiro. Na acta, o xurado destacou que “a proposta explora o noso tempo desde unha perspectiva situada na liña da poesía experimental, na que destacan elementos iconoclastas, en clave irónica, construíndo un diálogo fresco e diferente”.

O premio, dotado con 1.500 euros, naceu coma unha homenaxe ao político, poeta e xornalista bueués, José Gómez de la Cueva, máis coñecido como Johán Carballeira, quen tamén fora alcalde de Bueu ata o seu asasinato a mans dos franquistas. Amais, os gañadores verán o poemario publicado o próximo ano na colección de poesía da editorial Xerais. O palmarés deste ano complétase con Marta Veiga, que foi a gañadora na categoría de xornalismo pola súa reportaxe ‘Cantigas para despois dunha pandemia’.

O certame, que xa conta con moita historia, ten galardoado na categoría de xornalismo a persoas como Francisco Seoane Pérez, Óscar Curros Moure, Moncho Paz, Cristian López Iglesias, Arturo Sánchez Cidrás, Antón Lopo, María Obelleiro, Montse Dopico, Nieves Neira, entre outras; e na categoría de poesía, a poetas tan recoñecidos como Xosé Carlos Caneiro, Yolanda Castaño, Xurxo Alonso, Mario Regueira, Berta Dávila, María Carmen Caramés, Ismael Ramos, Pura Tejelo, María Reimóndez, Daniel Asorey, Marcos Abalde …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *