Presentación do Samaín na Finca de Briz.

Espérase unha media de afluencia de 3.000 persoas a esta festa do terror e da diversión na Finca de Briz

O terror, a diversión e a tradición da noite de Defuntos volverá por todo o alto este ano, cunha nova edición do Samaín Briz, presentada na Finca de Briz pola concelleira, Marián Sanmartín, e membros das entidades colaboradoras na súa organización.

Tal e como explicou a concelleira, “convertiremos de novo a Finca de Briz nun auténtico parque temático do Samaín”, e espérase que haxa unha afluencia de cerca de 3.000 persoas, para o cal “elaboraremos un plan específico de seguridade”.

Non será preciso reservar entrada previa, xa que o acceso será gratuíto a partir de media tarde, cando se realice a apertura de portas. Haberá dúas rutas moi potentes: unha organizada a cargo de Os da Caña e outra polo Club de Fútbol da Peña e o alumnado do Ciclo superior en Ensinanza e animación sociodeportiva (TSEAS) “Desta vez”, explicou a concelleira, “quixemos apostar por só dúas rutas, pero que sexan intensas, cheas de sustos e de experiencias e moi ben ambientadas”.

Ademais, haberá postos de venda de comida e bebida e animación ao longo de todo o espazo, no que haberá música, decoración e moitos sustos desperdigados, así como unha traca final, cun espectáculo que pechará unha velada emocionante.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *