Visita do conselleiro ao Museo Massó.

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitaron hoxe o Museo Massó de Bueu, onde exerceu como anfitriona e guía a directora do centro, Covadonga López de Prado. Esta institución, que vai camino de ser centenaria, iniciou a súa labor de divulgación en 1932, cando os irmáns Massó atenderon á recomendación de Guillermo Marconi, enxeñeiro italiano considerado un dos inventores da radio, que nunha visita á fábrica en 1928, tras ver a colección de instrumentos de navegación, documentos e libros antigos, obxectos curiosos e maquetas de barcos, os animou a dar este paso.

Enriquecido co paso dos anos con bens e relatos das actividades conserveira e baleeira, a Xunta adquiriu o museo en 1994 despois do peche da fábrica. Alfonso Villares quixo destacar o gran papel que xogan centros como este espazo na divulgación do acervo mariñeiro de Galicia, de aí que este tipo de instalacións e a historia que atesouran sexan un dos piares que sustentan o Plan da Cultura Marítima de Galicia Horizonte 2030, instrumento que pretende favorecer a xestión integral, a posta en valor e a activación de todo este patrimonio e actividades estreitamente vinculadas ao litoral galego, como é o caso da industria conserveira.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *