Playa do Areeiro de Vilaboa.

O prazo para presentación a documentación está aberto ata o 9 de abril

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publica hoxe as bases que rexirán a licitación das instalacións de temporada nas praias de Deilán, en Santa Cristina e O Areeiro, en Paredes. En ambos casos trátase de instalacións de 12 metros cadrados con terraza, que en Deilán será de 60 metros cadrados mentras que en O Areeiro é de 30.

A persoa ou empresa que resulte adxudicataria poderá instalar un quiosco con terraza no espazo da concesión desde o 1 de maio ata o 31 de outubro deste ano, ainda que este periodo é susceptible de prórroga por tres anos máis en función da autorización do Servizo Provincial de Costas.

As persoas interesadas en participar neste procedemento teñen de prazo ata o 9 de abril para presentar a documentación requerida, que poden consultar a través do perfil do contratante en www.vilaboa.org ; https://vilaboa.sedelectronica.es/info.

Poderán presentar proposicións as unións de empresarios que se constitúan temporalmente ao efecto, sen que sexa necesaria a formalización das mesmas en escritura pública ata que se efectúe a adxudicación do contrato ao seu favor. As persoas empresarias que concorran agrupadas en unións temporais quedarán obrigadas solidariamente e deberán nomear unha persoa representante ou apoderada única da unión, con poder bastante para exercitar os dereitos e cumprir os deberes que do contrato se deriven, incluso a extinción, sen prexuízo da existencia de poder mancomunado que poidan outorgar para cobros e pagos de contía significativa.

Os prezos de licitación mínimos para estes dous espazos son de 800 euros por anualidade para o quiosco de Deilán e de 300 para o de O Areeiro.

O adxudicatario ademais terá que pagar anualmente o canon e depositar a fianza que fixe o Servizo Provincial de Costas de Pontevedra cando autorice as instalacións de temporada.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *