O alcalde adianta que o Concello conta con capacidade financieira para dar cobertura social á veciñanza que se encontre en situación de desprotección
Uns orzamentos para desafiar a actual crise económica. Así define César Poza, alcalde de Vilaboa, o documento económico para este ano 2021 aprobado hai uns días en pleno coas aportacións realizadas polos dous grupos municipais con representación na Corporación e que o rexidor municipal agradece xa que aposta por unha lexislatura marcada polo diálogo e o consenso.
Para César Poza o máis destacado do orzamento, que apenas supera os 3 millóns de euros, é o apartado social, cun incremento da partida de emerxencia social que pasa dos 1.000 euros aos 6.000 o que supón un crecemento do 600%. Con este capítulo o Concello de Vilaboa dará resposta ás necesidades das familias en cuestións como transporte, material escolar ou atención a persoas maiores que viven soas coa inclusión en programas como o Xantar na casa. Ademáis o orzamento recolle unha partida para a elaboración do Plan de Igualdade e fondos para poñelo en marcha, así como servizos específicos de asistencia e transporte a mulleres en situación de violencia de xénero.
“Descoñecemos si as partidas serán suficientes para facer frente a este ano, pero temos capacidade financieira para aumentalas si é necesario. O noso obxectivo é darlle aos veciños e veciñas de Vilaboa a cobertura social que necesiten neste ano tan complicado”, apunta César Poza.
Unha vez cubertas as necesidades sociais, os orzamentos de 2021 botan man dun dos sectores sectores máis castigados pola pandemia, o da cultura. De aí que se recollan convenios coas asociacións para garantirlles axudas para os vindeiros anos que lles garantan a estabilidade que necesitan nos seus proxectos.
Para o alcalde de Vilaboa o gran desafío deste orzamento é encarar a crise económica apostando por dúas liñas de axudas aos sectores produtivos. Por un lado impleméntanse subvencións para investimentos e mellora dos establecementos e por outra apostase pola recuperación e o fomento da actividade en Vilaboa. Neste sentido destacar o convenio de colaboración coa Confraría Pedra da Oliveira, cunha achega para contribuir ao desenvolvemento da súa actividade marisqueira.
César Poza recorda que estas medidas pódense tomar grazas á boa situación económica do Concello que tamén conta coa capacidade suficiente para a regularización definitiva da plantilla municipal, resolvendo un problema enquistado e dando tranquilidade a quen leva o día a día da administración municipal.
“Creo que todos podemos estar satisfeitos de ser capaces de aprobar un orzamento de consenso. Recolle tanto as aportacións do PP como as do BNG, aínda que esta formación apostase finalmente por unha estratexia política de confrontación e de acusacións infundadas, que nos entristece moito porque o actual momento económico e social esixe outro xeito de actuar e de facer política e porque os veciños e veciñas de Vilaboa merecen ser a prioridade para quenes os representan”, conclúe César Poza