O piragüista local logrou o cuarto posto na categoría sénior que suma ás boas posicións acadadas esta tempada no Campionato Galego
O Concello de Vilaboa felicita ao piragüista local Brais Sánchez polos seus resultados no Campionato de España de inverno sobre a distancia de 5.000 metros celebrado recentemente en Sevilla e no que acadou un cuarto posto na categoría sénior. Este resultado consolida un excelente inicio de tempada para o palista local, que previamente conseguira un terceiro posto no Campionato Galego e un primeiro posto en veteranos a nivel nacional.
Na proba sénior, Sánchez mostrou o seu excelente nivel competindo con deportistas de élite, logrando ademáis un meritorio carto posto tras un disputado sprint final que o deixou a solo dous segundos dos piragüistas olímpicos. A traxectoria recente de Sánchez inclúe varios cambios significativos. Despois de defender durante 25 anos as cores do Club Piragüismo Vilaboa, decidiu unirse ao Club
Los Rápidos Jaire de Arriondas co obxectivo específico de formar equipo en K2 co seu amigo Emilio Llamedo para participar no tradicional Descenso do Sella, unha das probas máis emblemáticas do calendario nacional.
Tras esa experiencia asturiana, o piragüista optou por regresar a Galicia para integrarse no Club Rías Baixas de Boiro. Esta decisión respondía á súa intención de afrontar a competición cunha perspectiva diferente, segundo el mesmo explicou, para «xubilarse» deportivamente nun proxecto no que aportar a súa experiencia acumulada e adestrar con menor presión competitiva.
Foi precisamente con este enfoque máis relajado cando Sánchez alcanza algúns resultados destacables a nivel internacional. Durante o último ano, conseguiu un notable quinto posto no Campionato do Mundo de maratón, así como medallas de ouro e prata no Mundial de barco dragón disputado en 2024.
Estos logros demostran a calidade e consistencia do deportista de Vilaboa, que continúa colleitando éxitos en distintas modalidades do piragüismo e representando con orgullo a súa localidade en competicións nacionais e internacionais. Sen embargo, lamenta as dificultades que enfrentan os deportistas desta disciplina á hora de encontrar patrocinios que lles faciliten os desprazamentos ás competicións ou a adquisición de material.