O Concello de Vilaboa segue a traballar na mellora da eficiencia enerxética do municipio cun proxecto que implica a sustitución das luminarias actuais por outras led, de menor consumo, nos lugares de Santa Marta, Gandarón, Rial, Amproa, Outeiro e Saxosa, todos eles lugares da parroquia de Bértola. En total instalaranse 78 luminarias, de diferentes tipos e potencia en función das características do vial pero co obxetivo común de buscar a eficiencia enerxética. Un investimento que supera os 30.000 euros e que a administración local afronta con cargo ao Plan Concellos.
Esta actuación en Bértola súmase á executada a principios deste ano en tres puntos desta mesma parroquia, na Ramalleira, na Saxosa e na Rialiña donde as farolas obsoletas foron reemplazadas por luminarias LED reducindo o consumo e, polo tanto, o costo da iluminación pública para a administración local.
Para César Poza, alcalde de Vilaboa, esta nova actuación supón un avance importante no proxecto de eficiencia enerxética que o goberno local prevé desenvolver en Vilaboa e que aparece recollido no Plan de Acción para o Clima asumido pola administración local. “Unha das nosas prioridades é adecuar as instalacións de uso público para mellorar a vida dos nosos veciños e veciñas e coidar o entorno municipal e nese sentido esta obra que imos acometer de inmediato é sen dúbida un paso adiante”.