O Concello de Vilaboa ven de adxudicar a primeira das dúas fases do futuro parque de Figueirido que se construirá nunha parcela de 6.440 metros cadrados situada sobre o falso túnel de Fontequente, en Canaval, no tramo Vilaboa Pontevedra do eixo atlántico de alta velocidade. Trátase dunha concesión administrativa do ADIF ao Concello por un periodo inicial de 75 anos. A obra foi adxudicada por 30.000 euros e cun prazo de execución de dous meses.
A primeira fase, que comenzará a executarse este mesmo ano, contempla o acondicionamento do terreo mediante estendido e perfilado de terras e creación de dunas artificiais e áreas de xogos, previa demolición do peche de finca existente, con pequenos muretes de contención de perpiaño de granito que servirán de asentos.
Esta primeira actuación inclúe tamén o deseño do sendeiro interior do parque formado por unha base granular de zahorra e pavimento continuo de formigón, así como a plantación de 8 fresnos comúns e 8 carballos. Esta área de esparcemento contará nesta primeira fase cun xogo infantil de rede tridimensional piramidal e un xogo de exercicio mediante barras paralelas, ademáis de varias papeleiras.
Nunha segunda fase posterior a área de esparcemento ampliarase coa instalación dun xogo infantil para nenos e nenas de 2 a 6 anos, composto por casiña con torre e pasarela; outro para nenos e nenas de 1 a 4 anos, cun muro activo; un bambán (columpio) de dous asentos metálicos e outro con cesta.
Para César Poza, alcalde de Vilaboa, trátase dun proxecto importante e ambicioso que reflexa o interese do goberno local por descentralizar e dotar ás parroquias de servizos esenciais. “Vilaboa é un concello complexo no que a dispersidade dos núcleos encarece a prestación dos servizos e condiciona os investimentos. Con todo, apostamos por levar ás parroquias prestacións similares e que os rapaces e rapazas dispoñan no seu entorno de espazos de calidade porque eso axuda a fixar poboación”.