Dende o Concello de Moaña amosan a súa «máis profunda rabia e tristeza» pola pintada que onte aparecía neste mural realizado pola rapazada do curso artístico que a artista Sheela Tato coordinou este verán no Ceip Reibón. Cualifícana de «incomprensible» xa que «homes e mulleres, rapazas e rapaces estivemos neste mural».
«A rabia contida nesta mensaxe, manifestan dende o goberno local, non pode representar á cidadanía dun pobo que se sinta libre. Arranxarémolo como xa fixemos noutros, porque a cor ten que seguir brillando no FUTURO».