O vindeiro xoves, 4 de novembro, os colectivos de xubilad@s e pensionistas da CIG realizarán concentracións en toda Galiza para reivindicar unhas pensións públicas dignas e a prol da creación dun sistema público galego de atención ás persoas dependentes.

Dentro destas mobilizacións, o Colectivo de Xubilados/as e Pensionistas da CIG-O Morrazo concentrarase, ás 12:00 horas, diante do Concello de Moaña para reclamar pensións dignas e denunciar que os pensionistas da Galiza seguen a percibir as segundas pensións máis baixas do estado, sendo a pensión media inferior ao SMI e estando máis da metade dos pensionistas cobrando unha pensión inferior aos 736,34 euros. Polo que demandaremos que non haxa pensións inferiores ao salario mínimo e que as pensións públicas non sexan privatizadas ao través dos chamados “plans de pensións de emprego”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *