Unha árbore caeu ao redor das 10:45 horas no vial que dá acceso á piscina municipal de Cangas e ás pistas de Atletismo. Afortunadamente non ocasionou danos nin materiais nin persoais e, de feito, neste momento xa se restableceu a circulación.
Ata o lugar achegouse unha patrulla da Policía Local e minutos máis tarde efectivos de Protección Civil de Cangas que foron os encargados de cortar o tronco e as ramas da árbore para retiralo da calzada e permitir novamente o paso de vehículos.
Probablemente a causa foi as abundantes choivas das últimas horas, aínda que de momento descoñécese exactamente o motivo da caída.