José María Gómez y Díaz-Castroverde nos xulgados de Cangas cos xuíces/zas das tres unidades mixtas da localidade.

O esforzo realizado por xuíces/zas permitiu que os órganos xudiciais de Cangas pechasen o ano pasado con só un 0,6% máis de asuntos en trámite que o ano anterior

O presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), José María Gómez y Díaz-Castroverde, tras realizar unha inspección ordinaria nos xulgados de Cangas, mantivo hoxe unha reunión cos xuíces/zas das tres unidades mixtas da localidade para coñecer de primeira man as súas necesidades. No encontro, Castroverde destacou a boa marcha dos órganos do partido xudicial a pesar de que o ingreso de casos aumentou un 15% en 2020 con respecto a 2019 e de que os prazos procesuais estiveron paralizados durante o primeiro estado de alarma.

Durante a reunión, os membros da carreira xudicial mostraron a súa preocupación porque a Xunta tarda demasiado en cubrir as vacantes e baixas do funcionariado, o que, unido á elevada mobilidade deste persoal, causa efectos moi negativos nas oficinas, así como dificultades na xestión dos asuntos.

O esforzo realizado por xuíces/zas, letradas da Administración de Xustiza e funcionarios/as permitiu que os órganos xudiciais de Cangas pechasen o ano pasado con só un 0,6% máis de asuntos en trámite que o ano anterior. Os datos do primeiro trimestre deste ano, que son os últimos dispoñibles, tamén son positivos, pois ao finalizar marzo tiñan un 6% menos de procedementos pendentes que a finais de 2019.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *