Un incendio ao redor das 13:00 horas rompeu a tranquilidade hoxe na praia de Rodeira, en Cangas. Aínda que nun principio non estaba claro de onde procedía o fume, rapidamente comprobouse que proviña do interior da caseta do Club Náutico de Cangas, situada no paseo e a poucos metros do cuartel da Garda Civil. Unha vez chegaron os Bombeiros, accederon ao seu interior e media hora despois o lume dábase por extinguido.
Afectou a dous compartimentos nos que o club gardaba táboas e #ver de windsurf. Descoñécese a orixe do incendio aínda que no interior había varios aparellos electrónicos e exponse como posibilidade un curtocircuíto. Non houbo que lamentar feridos.
Ata o lugar trasladáronse os Bombeiros pero tamén a Policía Local e Protección Civil de Cangas.