Os concelleir@s de ACE, PSdeG e Bng nun pleno.

O pleno extraordinario celebrado na tarde de onte en Cangas para debater, entre outros puntos, os orzamentos municipais para este ano 2022 e que puidesen prorrogarse o ano de vén, ano electoral, non deixou grandes sorpresas. Como xa se esperaba, PP e PSdeG votaron en contra, BNG e ACE (partido no goberno) a favor e Avante! abstívose a pesar de que dixo que non entraría en votación un día antes. En definitiva, a proposta de contas exposta polo goberno local quedou rexeitada pola negativa de populares e socialistas.

O mesmo ocorreu coa modificación de crédito do remanente de tesorería por valor de 1,6 millóns de euros que prevía facer o executivo que preside Victoria Portas para dedicar a investimentos importantes para Cangas.

O PP xustificou o seu voto en contra acusando o goberno local de querer facer propaganda electoral ao levar a pleno o orzamento no último semestre do ano cando en 2023 hai eleccións municipais. O PSdeG continúa na súa vinganza por ser expulsado do goberno hai un ano por mor do problema das dunas de Rodeira. Avante!, a pesar do comunicación demoledor que enviaran aos medios o día anterior, optou pola abstención. Pola súa parte, BNG votou a favor porque as contas recollían todas as súas demandas con servizos básicos para os cangueses.

O goberno local dedicou nas últimas semanas os seus esforzos en informar os colectivos da importancia de sacar adiante unhas contas que cualificaban de «sociais» e «participativas» máis adaptadas á realidade das necesidades de Cangas que o orzamento do ano pasado marcado polo Covid.

O concelleiro de Facenda, Mariano Abalo, reprocha a PP e PSdeG que «Cangas perdese un investimento de 3,3 millóns de euros» e acúsalles novamente de ter un «pacto» para «bloquear» a economía do Concello de Cangas e, por tanto, a dos veciños. «Por covardía política non se atreven a presentar unha moción de censura pero únense para bloquear, mesmo, o gasto ordinario do Concello», censura.

O pleno non puido retransmitirse pola canle oficial do Concello de Cangas en Youtube por problemas técnicos pero si puido gravarse a videoacta.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *