Os servizos de emerxencias esta noite durante o rescate.

Eran as cinco da madrugada cando un particular chamaba ao 112 Galicia para informar de que un coche caera ao mar na zona do porto, en concreto, onde se sitúan os barcos que parten cara a Illa de Ons. Ademais, o alertante sinalaba que, posiblemente, había unha persoa no interior do turismo. Trátase dun veciño de Beluso de 86 anos coas iniciais B.M.P.

De xeito inmediato, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron os feitos en comunicación do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia – 061, da Garda Civil Tráfico, de Gardacostas de Galicia e de Salvamento Marítimo, así como dos Bombeiros do Morrazo, da Policía Local e de Protección Civil de Bueu.

Xa no punto, os axentes da Policía Local confirmaban que o vehículo estaba totalmente afundido e, entre tanto, Salvamento enviaba cara o lugar dous buzos que, pouco tempo despois, rescataban o corpo e confirmaban que o único ocupante do coche estaba falecido.

Nestes momentos, os medios de intervención seguen traballando no lugar para sacar o automóbil da auga, entre outras cousas, porque se atopa nunha zona de pasaxe de embarcacións.

Cómpre sinalar que as forzas da orde tratan de aclarar as circunstacias do suceso.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *