Unha muller atópase en estado grave ao ser apuñalada esta mañá na rúa Jaime Janer de Marín, xusto na curva de entrada ao vial. Segundo fontes municipais, o home asestoulle varias puñaladas á muller, que foi trasladada ao hospital en estado grave.
A Policía Local está agora investigando o sucedido. O home non se atopaba en condicións psicolóxicas estables no momento da súa detención. Polo momento, non parece que vítima e agresor teñan ningún tipo de relación, pero segue aberta a investigación policial pertinente.
O agresor atopase agora en dependencias policiais.