Concello de Cangas.

O Concello de Cangas asinou un convenio coa Deputación de Pontevedra, dentro das axudas da administración provincial para municipios de menos de 50.000 habitantes destinadas a mellorar o soporte do padrón municipal, que permitirá aos veciños simplificar os trámites naquelas xestións relacionadas co padrón de habitantes, reducindo os tempos de espera da cidadanía, optimizando o gasto e os recursos existentes.

O convenio ten unha duración de dous anos por valor total de 484.000 euros por parte da Deputación e 4.000 do Concello de Cangas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *