Unha imaxe da visita da Alcaldesa de Cangas ao 112 en xuño de 2021.

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, reuniuse en xullo do 2021 coa alcaldesa de Cangas, Victoria Portas, para estudar as posibles colaboracións da Xunta na mellora das emerxencias municipais, xa que no ano 2020, Xunta e Concello firmaran un convenio para a adquisición dun vehículo de bombeiros que non chegara a executarse.

Como o encontro entre a rexedora e o vicepresidente primeiro tivo lugar xa avanzado o ano, o que dificultaría retomar ese acordo dentro do mesmo exercicio, acordaron renovalo neste ano 2022 coa sinatura dun convenio nas mesmas condicións que o anterior.

Desta maneira, a Xunta mantén o compromiso adquirido de financiar 1/3 parte do coste do vehículo, dentro da súa vontade de colaborar na seguridade da veciñanza dos concellos galegos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *