Un condutor, coa intención de evitar un control de alcoholemia da Policía Local de Moaña, realizou unha conducción neglixente saltándose un sinal de entrada prohibida e circulando en sentido contrario por unha céntrica rúa do casco urbán de Moaña, creando o conseguinte perigo para os demáis condutores.
O vehículo foi localizado na zona do Rosal pero se deu á fuga facendo caso omiso das ordes de detención dos Axentes. Logo dunha pequena persecución, foi interceptado cando estaba a piques de ingresar no seu domicilio.
Conducía casi triplicando a tasa de alcohol legalmente permitida, polo que será sometido a Xuízo rápido pola comisión dun delito contra a seguridade do tráfico. Os feigos ocorreron na madrugada do venres.