Leticia Santos recollendo o dispositivo de mans da presidenta da Diputación.

A Alcaldesa de Moaña e presidenta da Mancomunidade do Morrazo e o concelleiro de Medio Ambiente foron os encargados de facerse co software Gestraee

Cun compromiso inequívoco co medio ambiente e a loita contra o cambio climático, a Deputación de Pontevedra celebrou hoxe o Día Internacional cun dobre acto “de reflexión e reivindicación” para poñer en valor algunhas das boas prácticas que a institución está a impulsar para mitigar, de xeito directo ou indirecto, os efectos desta grande ameaza para a humanidade. A presidenta Carmela Silva fixo entrega dos dispositivos co software GESTRAEE para a xestión de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos nos concellos beneficiarios do proxecto ESTRAEE. Entre eles o de Moaña representado pola súa alcaldesa, Leticia Santos, e polo concelleiro de Medio Ambiente, Odilo Barreiro.

No transcorrer do acto a presidenta provincial fixo entrega dos dispositivos electrónicos co software GESTRAEE, pioneiros a nivel estatal para a xestión de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos dos seus puntos limpos, e tamén dunha guía de funcionamento, a modo de manual, na que se prové diversa información sobre as novas funcionalidades dos puntos limpos. Ambas iniciativas enmárcanse no proxecto ESTRAEE que, cun orzamento de máis de 2,1 millóns de euros cofinanciados polo FEDER, liderou a Deputación xunto a Energylab, Revertia, ERP e Lipor para mellorar o tratamento do lixo electrónico para a súa reutilización, recuperación e reciclaxe.

Silva xunto aos alcaldes/alcaldesas e concelleir@s.

Carmela Silva subliñou a importancia de ESTRAEE pola súa “aposta pola economía circular e por un tratamento sustentable dos residuos” e puxo en valor este proxecto que impulsou a creación de 9 puntos limpos que teñen xa recollido 450 toneladas de residuos que supoñen 2,6 quilogramos anuais por habitante.

Posteriormente, da man de alcaldes e alcaldesas, concelleiras e concelleiros así como de representantes do sector primario da provincia, visitou a carpa instalada no paseo de Montero Ríos na que se deron a coñecer iniciativas medioambientais que lidera a Deputación como o programa Bosques Terapéuticos ou proxectos de leite e mel ecolóxica, castaña e sidra en colaboración con Asefoga, Aselaga e Odega. “Os datos son moi preocupantes e non podemos quedar impasibles ante esta situación”, asegurou Carmela Silva, quen remarcou o papel “referente a nivel estatal” da Deputación na loita contra o cambio climático dando a coñecer os principais proxectos que lidera na xestión de residuos, no turismo ou na propia mobilidade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *