O vehículo aparcado no centro da praza do Concello.

Un mozo de 31 anos, veciño de Marín e condutor dun coche de alta gama, deixou atónitos aos pais que esta tarde xogaban cos seus fillos no parque da praza do Concello de Moaña. Ao redor das 17:30 horas viron como o vehículo accedía pola senda dos xardíns ata situarse na intersección dos diferentes camiños. Nese momento os proxenitores achegáronse ao coche para alertarlle e evitar que continuase. Tamén chamaron á Policía Local que, rapidamente, saíu da oficina.

Unha vez os axentes dirixíronse a el comprobaron que tiña síntomas de embriaguez. Sen opoñerse, o home acompañoulles á Xefatura e alí practicáronlle a proba de alcoholemia. O resultado foi positivo cuadriplicando a taxa mínima permitida (na primeira proba deu 1 mg/l e na segunda 0.80 mg/l).

A Policía Local denunciouno por un delito de Seguridade viaria.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *