O cadro restaurado.

O día 17 de xuño celebrarase o 120 aniversario do nacemento do noso
pintor marinense máis célebre, Manuel Torres, e o museo que leva o seu
nome xa prepara algunha sorpresa para poder celebrar ese día.

Unha delas será a exposición do último cadro que pasou por un proceso de
restauración da man da especialista Eva Fontoira. O cadro, no que se pode
ver un hórreo, estaba sen firmar e sen rematar polo artista e agora, despois
de gañar unha nova vida, poderá verse exposto nunha das salas do museo
municipal.

Ademais, o Museo acollerá unha proxección durante todo o día dun vídeo
documental sobre pintura onde pode verse ao propio Torres falando da súa
traxectoria vital e artística.

Poderá verse no horario regular do Museo, de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a
21.00 horas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *