Tarefas de basculamiento da area na praia.

A limpeza das praias de Marín estará a cargo da Fundación Juan XXIII. Así se acordou na Xunta de Goberno Local, despois de que se realizase todo o camiño burocrático para adxudicar a esta entidade social a realización deste labor, a través dun prego de contratación para o ano 2021.

O prezo do servizo será de 44.741 euros e permitirá que se garanta en todo momento o bo estado dos areais, sobre todo de cara á época estival, na que xa estamos practicamente inmersos, e que supón o momento de máis afluencia.

Con esta licitación, Marín segue apostando pola contratación inclusiva, axudando a fomentar a empregabilidade de persoas usuarias de entidades como Juan XXIII, que levan demostrando noutros traballos realizados a nivel municipal a súa valía e calidade laboral.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *