Terrazas situadas na Alameda de Marín.

A próxima semana rematará o período de exposición pública deste documento administrativo

A concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, informou hoxe de que o período de exposición pública da ordenanza de terrazas está a chegar á súa fin. Por iso, anima aos membros do sector da hostalaría que non o fixeran xa a presentar as súas suxestións e alegacións ao texto proposto, para que a regulación final se axuste o máximo posible ás necesidades dos hostaleiros.

Coa actualización desta ordenanza, procúrase adaptar a instalación do mobiliario das terrazas á nova situación que xurdiu da pandemia, pero ademais busca conseguir unha homoxeneización da estética dos elementos a utilizar, de cara ás novas adquisicións que poidan realizar os hostaleiros, que terán unha marxe de dous anos para adaptar todo o seu mobiliario desde a aprobación definitiva da norma municipal.

O contido da ordenanza pode consultarse no seguinte enlace.

Cando remate o período de exposición pública, os servizos técnicos do Concello estudarán as alegacións presentadas. No caso de non recibir ninguna, a normativa aprobaríase de xeito definitivo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *