Comercio no que roubaron esta fin de semana e polo que detiveron a un mozo.

Sobre as 4:00 h do día 15 de agosto a Policía Local recibiu unha chamada telefónica alertando que dous mozos estaban a romper a porta dun establecemento de produtos electrónicos situado na rúa Doutor Touriño Gamallo. De inmediato unha patrulla dirixiuse cara ao lugar, do mesmo xeito que da Policía Nacional, á que se lle pediu colaboración.

Cando a patrulla da Policía Local atópase nunha rúa contigua, a escasos 60 m do local comercial, observan a un mozo camiñando de forma apresurada, que porta unha mochila, vai vestido con roupa escura e aínda levaba posto un pasamontañas. Intercéptano e compróbase que na mochila portaba ferramentas para violentar a porta de establecementos e obxectos con etiquetas do local comercial no cal se estaba producindo o roubo. Por este motivo, proceden á súa detención e trasládano a dependencias da Policía Nacional.

Ao outro implicado no roubo non se lle puido deter no momento, aínda que, grazas á coordinación e cooperación entre ambos os corpos policiais, xa se ten coñecemento da súa identidade e confíase en que nas próximas horas póidase proceder á súa detención.

Os presuntos responsables do roubo con forza son dous veciños de Marín de 17 e 34 anos.

Roubo nunha vivenda

Esta non foi a única intervención na que cooperaron a Policía Local e a Policía Nacional de Marín esta fin de semana. Sobre as 6:00 horas do 14 de agosto Policía Nacional de Marín pide apoio ao comunicarlles que dous mozos están a romper a porta de entrada dunha vivenda de Pedreiras.

Acoden as dúas patrullas policiais e localizan no interior da vivenda a dous mozos que son detidos por un presunto roubo con forza. Os mozos son veciños de Pontevedra de 36 e 42 anos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *