Pleno de Marín.

O concelleiro de Facenda de Marín, Manuel Santos, presentou ao último pleno da Corporación o documento de Presupostos para este ano para o que pediu o apoio dos grupos. Santos explicou que contén toda a documentación obrigatoria e os seus anexos para poder ser aprobados.

Esta presentación no pleno estivo precedida de 3 reunións coa mesa de negociación onde se chegaron a varios puntos de acordo. Conteñen os informes favorables de intervención, informe de cumprimento do obxetivo de estabilidade orzamentaria, regra de gasto e límite de deuda e un terceiro informe para a aprobación do límite de gasto non financieiro.

En conxunto o orzamento que se presenta ascende a cantidade de 13.529.069,20 euros, o que supón un incremento do 0,55% en relación cos 13.454.474,25 euros do último orzamento aprobado. Polo tanto o orzamento se incrementa en aproximadamente 75.000 euros.

Apoio a entidades deportivas, culturais e sociais

As transferencias correntes ascende o importe a 263.278,60 euros, o que supón case o 2% do orzamento, e van destinadas en liña cos anos anteriores, a diferentes subvencións tanto a clubes deportivos por un importe de 102.000 euros, a unhas subvenións nominativas a entidades sociais, culturais e comerciais en liña con anos anteriores.

Veñen reflectidas varias aportacións a convenios con outras administración como ao Consorcio Galego de Servicios de Igualdade e Benestar en relación as nosas escolas Infantís da Galiña Azul.

Con cargo ao Remanente de tesourería positivo se levarán a cabo os proxectos e as obras que xa foron aprobados en Pleno e que están agora mesmo en tramitación.

Pavimentación da Praza Pública de Cantodarea ( Ponteporto ), que asciende a 237,183 euros.

Reforma da Casa do Mar donde aportan 100.000 euros para reconvertila en Centro de Día, que se completará coa aportación de otros 200.000 euros a través do convenio co Consorcio Galego de Servicios de Igualdade e de Benestar da Xunta de Galicia.

E os outros proxectos que están en trámite de licitación refirense a:

Colector de augas residuais entre os núcleos de Pastoriza e Picotes, por un importe de case 200.000 €.

Rede de abastecemento no núcleo de Bexe, con un importe de 161.962.-€.

Demolición do edificio do mercado e acondicionamento do solar na rúa Concepción Arenal en Cantodarea, cun importe de 138.230€.

Adaptación da planta baixa e semisoto do Liceo Casino cuio importe de execución ascende a 376.965 €, para destinalo a actividas de ocio xuvenil e a arquivo municipal.

6 proxectos con fondos propios do concello con cargo aos remanentes de tesorería, por 1.215.000 €.

A todas estas inversión se suman os proxectos que se están executando coas aportacións e subvencións tanto da Xunta de Galicia, a Deputación provincial de Pontevedra e os Fondos Dusi.

Levarase a aprobación o proxecto do Centro Socio-Cultural por importe de máis de 4.300.000 €, donde aprobaráse un préstamo financieiro por un importe cercano aos 900.000 € para poder asumir a aportación municipal, que se completaría con Fondos europeos, e coa aportación de 2 millóns de euros de acordo co convenio firmado coa Xunta de Galicia.

Manuel Santos reiterou que é un orzamento para intentar mellorar a nosa cidade en todos os aspectos, tratando de prestar maiores y mellores servicios, cunha mellor xestión e optimizando os recursos dos que dispoñemos e conxelando un ano máis as tasas e impostos municipais.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *