Unha muller de 65 anos e veciña de Vigo foi trasladada a Povisa esta tarde despois de sufrir un afogamento na praia da Tella de Domaio, en Moaña. O aviso deuse sobre as 17:15 horas e ata o lugar trasladouse a Policía Local mentres non chegaron os servizos sanitarios.
Os axentes procederon a realizarle a reanimación (RPC) e a colocarle o desfribrilados coa axuda dunha enfermeira que se encontraba na zona. A chegada dos sanitarios fixeronse eles cargo da muller, que foi traslada ao hospital con boas constantes vitais pero inconsciente.