A Policía Local de Moaña auxiliou este mediodía, sobre as 14:15 horas, a un muller de 66 anos que caera dunha escaleira dunha altura de dous metros mentres limpaba un panteón na parte alta do cemiterio de Tirán. A voz de alerta deuna o 112 e o 061, que necesitou a colaboración dos axentes para poder trasladar á ferida desde o lugar onde caera ata o Camiño Real porque a ambulancia non podía acceder ao interior do camposanto.
A muller, dolorida polo golple, foi inmobilizada polos servizos sanitarios e trasladada o hospital.