Restos de cerámica de baño esparcidos polo chan na curva de Caiagua.

Faltaban dez minutos para que desen as catro desta madrugada cando varios condutores alertaron á Policía Local de que no medio da estrada, na curva de Caiagua, na parroquia de Meira, en Moaña, había moitos obxectos que obstruían o tráfico e supoñían un perigo para a condución. Á súa chegada, os axentes comprobaron que se trataba de cadeiras, cerámica procedente dun baño, entullo e outros obxectos. Dado o risco, procederon a retirar os restos de maior tamaño para evitar que se puidese producir un accidente.

A Policía Local identificou a varios menores por este incidente, pero só un deles está a ser investigado por un delito contra a seguridade do tráfico debido a que recoñeceu ser autor dos feitos. Ademais, abríronselle dilixencias na Fiscalía de Menores. Trátase dun mozo de 17 anos residente fose de Moaña pero que esta no municipio pasando uns días.

Supostamente, estes obxectos e restos dun aseo atopábanse depositados xunto á illa de contedores próxima e foi de aí onde os colleu para esparexelos sobre a calzada, en plena curva.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *