A reunión dos portavoces dos partidos que conforman a corporación de Cangas e o técnico municipal celebrada no serán de onte concluíu coa decisión unánime de todos os presentes de lograr os terreos a través dun Plan Especial cuxa redacción será mediante contratación externa.
Doutra banda, tamén se acordou estar presentes na reunión co conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, o próximo 23 de novembro, todos os grupos políticos ao considerar que existe «unión» entre toda a corporación para sacar adiante estes terreos e permitir que Cangas conte cunha nova infraestrutura sanitaria.