A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vazquez, acaba de visitar Cangas para mostrar in situ como será a nova estación de autobuses tras a súa reforma por valor de medio millón de euros. Vázquez asegurou en presenza da alcaldesa, Vitoria Portas, e do edil Facenda, Mariano Abalo, que o que se busca é “fomentar a intermodalidad” ao mesmo tempo que mellorar a imaxe deste “equipamento central de Cangas”, a súa “funcionalidade” e “unha mellora do transporte público no municipio”. Ademais dunha maior eficiencia enerxética das instalacións
O proxecto está orzamentado en case 400.000€
A conselleira anunció hoxe a licitación do contrato e establece de prazo ata o 13 de decembro para que as empresas interesadas presenten as súas ofertas
Co fin de acadar a intermodalidade, a conselleira explicou que se actuará no edificio da estación, impermeabilizando a cuberta plana, con traballos de pintura interior e exterior, coa redistribución dos espazos e coa mellora da iluminación LED. Tamén se instalarán portas automáticas, equipos de climatización e ventilación, unha nova instalación eléctrica e panel informativo cos horarios dos barcos e dos autobuses.
Ademais adecuarase a zona de dársenas, cun tratamento anticorrosivo e a dotación de novos paneis na cuberta. Tamén se actuará no espazo de espera dos viaxeiros, instalando unha mampara de vidro, bancos e iluminación LED e luminarias.
O proxecto tamén inclúe a reordenación da contorna da estación e a súa relación coa vila. Para iso, disporanse 2 prazas de ‘kiss & ride’, un acceso peonil principal á dársena directamente desde o paseo marítimo e un pavimento podotáctil que facilite a orientación das persoas con problemas de visión.
Para contribuír á seguridade viaria nos arredores da estación e facilitar o seu bo funcionamento, Ethel Vázquez explicou que a terminal se delimitará cunha varanda perimetral e que se instalarán dúas barreiras automáticas que protexerán ao resto de condutores e aos peóns da circulación dos autobuses.