Teresa Portela xa ten o seu «trociño» do edificio do Concello de Cangas. O goberno local quixo visibilizar a igualdade, o recoñecemento polo seu esforzo e a visibilidade dunha muller que «vaia por donde vaia» leva o nome de Cangas.
O concello xa tiña unha foto de David Cal é, agora, quixeron dedicarlle o seu espazo a unha muller. «Visibilizar as mulleres é parte de esa igualdade que traballamos e logo o que ela representa: esforzo e superación independente do seu sexo como modelo para as vindeiras xeracións», manifestou a alcaldesa, Victoria Portas, durante o acto no que también estivo presente a deportista de Aldán.
Dende o Concello tamén fíxose con un obsequio dunha lona asinada polos 4 olímpic@s para o club que fixo que «teñamos unha piraguista como ela, pois os clubes aquí tamén teñen un papel moi importante».