Cola as portas de urgencias do centro de saúde de Cangas.

O xerente do centro de saúde acusa a Sotelo de «facer política» pero «sen ter en conta ao resto do persoal». O xerente da área Sanitaria de Vigo, Javier Puente, desprazouse esta mañá a Cangas para reunirse con Villoch, e con dous médicos de tarde, entre eles o líder do PP

Tensa reunión a que tivo lugar esta mañá no centro de saúde de Cangas, segundo fontes coñecedoras do encontro. Ata este municipio morracense desprazouse o xerente da área Sanitaria de Vigo, Javier Puente, xunto á directora de Atención Primaria, Reyes Díaz, para conversar co xerente do centro de saúde, Benigno Villoch, a responsable de enfermería e os dous dos tres médicos da quenda de tarde que, de levarse a cabo o peche que pretendía o Sergas durante o verán, terían que exercer durante a mañá. Entre eles, o portavoz do PP cangués, José Enrique Sotelo, que conta con este posto no consultorio e que hai apenas uns días ameazou con dimitir se Sanidade non daba marcha atrás a esta clausura.

Villoch, preguntado por este tema, asegura que no encontro de hoxe «intentaronse buscar solucións» pero tendo en conta que «a sobrecarga non se pode asumir con dos médicos se non hai outro profesional de reforzo para desplazados». Sotelo insisteu na apertura pero o responsable do centro de saúde acusa ao líder do PP cangués de estar facendo «política» sen ter en conta ao resto do persoal do centro de saúde. «Sotelo pon toda a súa voluntariedade pero a situación non se resolve con voluntariedade», O outro facultativo que asistiu, di, tampouco está de acordo en traballar pola tarde nas condicións que se prevén pero «se non queda máis remedio farao». O xerente insiste en que é un problema de falta de persoal porque «non hai médicos».

Outras fontes consultadas aseguran que Puente propuxo a estes profesionais de tarde que asumisen a sobrecarga de traballo do verán para evitar así este peche e polo menos dúas deles mostráronse dispostos a iso o que podería liquidar, nun principio, o problema. Aínda que iso si, á carencia de persoal que únese a que non conta cun facultativo que atenda aos desprazados polo que é de prever que as urxencias se colapsarán.

Precisamente, esta tarde no Concello de Cangas está prevista unha Xunta de Portavoces e un Consello Municipal de Saúde de urxencia para tratar este asunto.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *