Tamén se sinalou a necesidade de dotar doutro campo para que adestren os 14 equipos das diferentes categorías que suman 274 deportistas para o cal un campo só resulta insuficente
O Partido Popular de Cangas, co seu candidato José Enrique Sotelo á cabeza, contnúa coa súa intensa axenda de precampaña celebrando encontros con representantes dos diferentes colectivos do municipio. Nesta ocasión celebrou unha xuntanza de coa directiva do Alondras C.F. para abordar as súas demandas e valorar canles de colaboración co a administración municipal.
Sotelo comprometeuse á renovación do céspede do Estadio Municipal de Fútbol O Morrazo, unha das demandas máis urxentes trasladada polos representantes da entidade, xa que o seu mal estado non lles permite acoller torneos e outros eventos federativos nas súas instalacións.
O candidato sinalou tamén a necesidade de dotar dun segundo campo á entidade xa que ao ser 14 equipos de diferentes categorías, sumando un total de 274 depor3stas, resulta realmente diPcil realizar os adestramentos nun só terreo de xogo.
O líder popular compartiu cos presentes as deficiencias e falta de planificación que se está a vivir nos últimos anos, “de facto non existe a Concellería de Deportes, xa que non hai responsable da mesma” reflexionou, “e esta situación se ven agravada pola baixa de longa duración do técnico da área que non se cubriu a día de hoxe” engadiu.
“Resulta surrealista o que está ocorrendo, nun sector tan dinámico e con tantas entidades. O deporte en Cangas está abandoado” manifestou. “Dende a nosa formación defendemos co deporte, ademais de promover hábitos saudables e valores, pode ser un polo de dinamización económica coa atracción de visitantes fóra das épocas estivais grazas a organización de eventos deportivos. E iso require o mantementos das infraestructuras deportivas e da lóxica implicación do propio Concello que, lamentablemente, non existiu nestes anos” rematou.