A Semana Santa de Cangas regresa á época prepandémica, non só polo Covid-19, senón tamén porque a tranquilidade entre as confrarías e o párroco, Severo Lobato, parece que tamén é un feito. Así o confirmou a Coordinadora de Confrarías que preside Manuel Gil esta mañá na rolda de prensa de presentación da programación que se desenvolverá desde este mesmo sábado ata o domingo 9 de abril. «Chegouse á paz, hai cordialidade», manifestou Gil e o resto de representantes das cinco entidades que conforman a Coordinadora (Hermandad del Resucitado, Asociación del Cristo del Consuelo, Hermandad de San Pedro, Hermandad de los Dolores e Cofradía de la Compasión), que agradeceron ao Arcebispado de Santiago de Compostela a súa predisposición e colaboración en todo momento tanto durante o conflicto como agora.
Arroupados pola alcaldesa, Victoria Portas, a Coordinadora presentou o programa deste ano que ten como novidades a incorporación de novos pasos por parte da Hermandad del Cristo Resucitado: o Cristo del Perdón e a Virgen de la Resurrección. Será na procesión da Santa Cea o xoves 6 de abril ás 20:00 horas. Quixeron deixar clara a unión das cinco entidades asegurando que este ano «todos imos da man». «Simplemente pedirlle a toda a xente que nos axude e que participe desde as rúas», animou Sheila Lorenzo, a primeira muller en presidir a Irmandade das Dores desde a súa creación.
Apoio do Concello
Precisamente, neste sentido falou a rexedora que destacou a presenza feminina nas directivas das confrarías e o «fácil que foi traballar con eles durante este tempo». Tamén avanzou que, aínda que non participará das procesións, si que estará a apoiar a Cultura e ao dispor da organización para todo aquilo que necesiten.
Tamén aproveitou a comparecencia para anunciar que se está traballando na elaboración e firma dun convenio entre o Concello e a Coordinadora de Confrarías para a concesión de uso do baixo da Casa das Barricas. Un local que xa utilizan desde hai tempo pero para o que non contan con cesión oficial. Outra das demandas das entidades é poder utilizar a primeira planta de leste mesmo edificio para instalar un museo de Semana Santa dado o interese desta celebración a nivel nacional. Conta co selo de Interese Turístico de Galicia desde 2002.
Programación Semana Santa de Cangas 2023
Sábado 18 de marzo:
20:00 horas: Pregón a cargo de Don Benito da Iglesia Blanco e a continuación concerto na igrexa a cargo da Banda de Música Belas Artes de Cangas con marchas procesionais e escenificación de penitentes das confrarías e irmandades.
Mércores 22 de marzo:
19:00 horas: Traslado da Virxe das Dores desde a Avenida de Moaña ata a excolegiata de Santiago de Cangas polas rúa Hío.
Do xoves 23 ao mércores 29 de marzo realizarase o septenario da Santísima Virxe das Dores e Coroa Dolorosa.
Xoves 30 de marzo: Confesións comunitarias.
Venres 31 de marzo- Festividade da Virxe das Dores:
19:30 horas: haberá misa solemne e, a continuación, procesión polas rúas de Cangas acompañada pola Banda de Música Belas Ares.
Domingo 2 de abril-Domingo de Ramos:
11:00 horas: Procesión da Borriquilla, acompañada pola Banda de Gaitas María Soliña.
11:30 horas: Bendición de Ramos nos xardíns de Félix Soage (en caso de choiva na excolegiata)
12:00 horas: Misa da Paixón do Señor.
18:00 horas: Via Crucis infantil desde a excolegiata ata o Cruceiro de Sínguilis.
Martes 4 de abril-Martes Santo:
19:30 horas: Vía Crucis desde a excolegiata no que participarán as cinco confrarías.
Mércores 5 de abril-Mércores Santo:
20:00 horas: Misa á Soidade de María e, ao terminar, procesión.
Xoves 6 de abril-Santa Cea do Señor:
18:00 horas: Cultos
20:00 horas: Procesión do Xoves Santo acompañada pola Banda de Música Belas Artes de Cangas e a Banda de Cornetas e Tambores.
00:00 horas: Oración Nocturna.
Venres 7 de abril-Venres Santo:
7:00 horas: Procesión As tres negacions de San Pedro. Ao terminar convidarase a unha chocolatada.
10:00 horas: Procesión do Santo Encontro, acompañada pola Banda de Música Belas Artes, de Gaitas María Soliá e a Asociación Irmandade Romana Legio Berobreo.
18:00 horas: Oficio da Paixón do Señor-Sermón das Sete palabras e Desencravo.
20:00 horas: Procesión do Santo Enterro coa Banda Belas Artes, Tromentelo e Cornetas e Tambores.
00:00 horas: Procesión do Silencio, acompañada da Banda de Cornetas.
Sábado 8 de abril-Sábado Santo:
21:00 horas: Misa de Vixilia Pascual
Domingo 9 de abril-Domingo de Resurrección:
10:30 horas: Procesión de Jesús Resucitado con Tromentelo.
12:00 horas: Misa de Resurrección.