Resultou queimada unha habitación. A orixe do lume puido estar no colchón
Segundo informan os bombeiros, a habitación dunha vivenda de O Igresario, á altura do número 43, na parroquia moañesa de Meira, resultou parcialmente queimada este mediodía. O lume, que puido iniciarse na cama, afectou ao somier, o colchón, a mesilla e o revestimento da estancia pero non provocou danos persoais.
Os bombeiros tiveron que sacar a unha muller de avanzada idade que se atopaba no interior da casa tras acceder por unha posta traseira.
A voz de alarma deuna o fillo da propietaria.