A alcaldesa visitando un dos viais arranxados.

A alcaldesa de Cangas, Victoria Portas, supervisou estes días as obras de remate do asfaltado de varios viais municipais que foron executadas con cargo ao Plan Concellos 2021. Nesta actuación o Concello renovou a capa de rodadura en seis viais situados en tres parroquias, á vez que executou obras para solucionar problemas de acceso a viviendas, pasos e inseguridade peonil detectados na zona.

Os viais visitados estes días pola alcaldesa de Cangas, e que lucen xa un firme renovado foron a rúa das Latas e as rúas Esqueiro I e II na parroquia de Coiro; as rúas Areas e Fonte do Sapo na parroquia de Darbo e a rúa San Lorenzo a Laxe na parroquia de Hío. O investimento global destinado a dotar dunha nova capa de rodadura estas estradas ascendeu a 86.616 euros.

No caso da Rúa das Latas o paso continuo de vehículos e as inclemencias do tempo derivaron na falta de material nas zonas próximas aos pozo de rexistro, provocando diferenzas de cota co asfalto. Para resolvelo, segundo explica Victoria Portas, procedeuse primeiro ao desbroce da superficie e ao seu rasanteo cunha base de zahorra artificial con firme de aglomerado quente e realce das tapas de rexistro circulares con dados de formigón.

Un tratamento similar foi aplicado no resto das rúas asfaltadas con cargo a este plan. Victoria Portas explica que son moitas as calles, sobre todo do rural cangués, que precisan unha actuación similar. Estas seis foron presentadas ao Plan Concellos do ano pasado por presentar todas un estado de deterioro moi avanzado e encontrarse en contornas de alta densidade de poboación. No caso do Esqueiro a alcaldesa refire unha especial perigosidade ao compartir a plataforma única peóns e vehículos, unha circunstancia compartida tamén por outras rúas nas que se actuou.

No caso da rúa Fonte do Sapo a actuación era especialmente urxente debido ao tráfico de vehículos que rexistra ao enlazar a zona de Cunchido e Outeiro Balea así como pola cercanía do pavillón polideportivo do Gatañal.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *