Santomé de Piñeiro acollerá o próximo fin de semana, 8 e 9 de outubro, a XXII edición da Festa da Mazá e da Sidra. A presentación da festa gastronómica máis popular do rural marinense foi realizada por Manuel Domingos González, acompañado por representantes do Concello e por Botón de Ancla.
Nestes días se recollerá máis de 3.000 kg de mazá que servirá para a elaboración de 1.000 litros de zume de mazá, xa que este ano pola falta de chuvia a mazá ten menos xugo que en edicións anteriores.
A festa retómase despois dos 2 anos de pandemia nos que non se puido celebrar, comezará o sábado día 8 ás 10 da mañá coa apertura dos postos de venda de sidra, mazás artesanía, polbo, empanadas, churrasco… A continuación, ás 12:00 horas, haberá a saída da Ruta Cabalar, acompañada ás 13:00 horas da Charanga Os de Carballido. Pola tarde, ás 16:00 horas, Carreira Pinga Pinga e pola noite a partír das 21:00 horas gran verbena amenizada pola Orquestra Magos e Marietta.
O domingo 9, continuarase cos postos de venda e ás 11:00 horas iniciarase a Concentración Cabalar do país e ás 12:00 horas haberá actuación da Charanga A Cabeza non Para. Ás 13 horas dará lectura do Pregón a coñecida marinense Mar García, máis coñecida como Cari Cari. E pola tarde, ás 17:30 o espectáculo cabalar “La Magia del Caballo”. A festa rematará co tradicional Concurso de Empanada de mazá ás 19:30h.
A organización anima a que haxa relevo para que esta festa de tanta tradición pódase continuar celebrando en próximas edicións.