Cola as portas de urgencias do centro de saúde de Cangas.

A consellería de Sanidade desagrega a partida que destinan os orzamentos autonómicos para 2024 á Atención Primaria na comarca na comarca do Morrazo. Desde a Área Sanitaria de Vigo explican que están reservados 3,8 millóns de euros para a obra do novo centro de saúde de Moaña, xa iniciada. Asemade, os Orzamentos tamén recollen unha partida de 200.000 euros para licitar os proxectos de novos centros de saúde contemplados no Plan de Infraestruturas de Atención Primaria cando os Concellos correspondentes acheguen ao Sergas unha parcela axeitada, como poderían ser os centros de Cangas de Morrazo ou o de A Garda.

No referido á partida do Plan de Atención Primaria para reformas, están reservados 119.000 euros para a obra de reforma estrutural do centro de saúde de Domai, en Moaña, dentro do convenio vixente co Concello.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *