Peche da praia do Arnado pola Policía Local.

O Sergas tomará hoxe mostras da auga dos arenais e o xoves trasladará os resultados ao Concello. Mentres tanto permanecerán pechadas

Unha vez reparado o saneamento despois de localizar a rotura da tubaxe de impulsión do saneamento da depuradora, agora toca ver se a auga das praias do Cocho e do Arnado ( do Canario) son óptimas para o baño. Para iso, está previsto que hoxe o Sergas tome mostras nestes areais e analice a súa calidade. Mentres tanto non se coñezan os resultados, que estarán listos o vindeiro xoves, ambas as praias permanecerán pechadas ao baño.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *