Un dos concertos das Festas do Carme de Marín doutras edicións.

O Concello de Marín aprobou no pasado pleno da Corporación por unanimidade que os festivos locais para o ano 2024 serán o 24 de xuño, Día de San Xoán, e o 16 de xullo, Día da Virxe do Carme.

Habitualmente elíxense como días festivos municipais a Festividade do Carme, e o 8 de setembro, Festividade da Virxe do Porto, pero dado que no ano 2024, o 8 de setembro cae en domingo, decidíuse fixar como festivo o 24 de xuño, Día de San Xoán, que tradicionalmente ten moito arraigo en Galicia e tamén en Marín, e celébrase con grandes cacharelas na noite do 23 ao 24 de xuño.

A outra data que se valorou foi a do mércores de cinza, coma se decidira neste ano 2023, pero como no 2024 coincide en 14 de febreiro, se decidiu que, dado que é unha data de moitas ventas no comercio pola celebración do Día dos Namorados, e xa sendo festivo local en Pontevedra, decidiuse mantelo hábil en Marín, e así promover as ventas e o comercio na nosa vila, e quedarse a disfrutar do noso enterro da Sardiña, que este ano estreouse como Festa de Interese Turístico de Galicia.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *