O corsario Gago de Mendoza presentou hoxe na Alameda o programa oficial da Festa Corsaria, que se celebrará o próximo fin de semana e para a que a vila marinense xa se está engalanando.
Na presentación, que estiveron presentes a concelleira de Festas, Marián Sanmartín e a concelleira de Turismo, Cristina Acuña, Gago de Mendoza lembrou a súa xesta contra os ingleses e os seus acompañantes fixeron un aperitivo do que nos espera nesta edición da festa.
Participaron tamén os nenos e nenas dos campamentos de conciliación municipais, que xa se adiantaron vestíndose como verdadeiros corsarios, así como moita veciñanza que, curiosa, se achegou ata o espectáculo.
Sanmartín, estivo nesta presentación, na que recalcou “a fortaleza que xa ten esta data dentro do noso calendario festivo”. “A nivel particular temos máis mesas ca nunca. Estamos tendo moitísimas peticións, máis de 50 a día de hoxe”, explicou a edil, que recordou que esta fin de semana remata o prazo para solicitar un espazo.
Ademais, a responsable de Festas asegurou que na hostalaría “tamén temos unha boísima aceptación e cremos que temos unha programación moi intensa e pensada para todo o mundo, especialmente na xornada do sábado”.
PROGRAMA
Venres, 18 de agosto
● 19.00 a 00.00h. Apertura do mercado corsario. Alameda.
● 19.00 a 23.00h. Atracciones infantís. Barco-carrusel-noria-baqueta-tren. Alameda e Parque Eguren.
● 19.00h. Espazo Corsario. Obradoiros infantís. Rúa Real.
● 20.00h. Animación. Circocido. Rúas de Marín.
● 20.30h. Pasarrúas musicais. Turdión/Grimorium. Rúas de Marín.
● 23.00h. Concerto de Ninghures. Alameda.
Sábado, 19 de agosto
● 11.30 a 00.00h. Mercado corsario. Alameda.
● 11.30h. Pregoeiro e fanfarrias do século XVIII. Casco urbano.
● 11.30h. Apertura de bases de mariñas:
○ Augusto Miranda – barco corsario
○ Concello (R/ Estrada) – barco inglés
● 11.30 a 21.00h. Granxa Escola. Méndez Núñez.
● 11.30 a 21.00h. Vila mariñeira. Parque Eguren.
○ Cesteiro-barcas-cota de malla-curtido de peles
○ Vasoiras-seda-bolillo-limpeza de la-aves
○ Muiños de man-secadoiro de piexe-madeira
○ Loneleiro
● 12.00 a 20.30h. Paseos en carroza de cabalos. Praza de España.
● 12.00 a 20.00h. Espazo Corsario. Obradoiros infantís. Rúa do Sol.
● 12.00 a 20.00h. Talleres de Esgrima e Tiro con arco. Parque Eguren.
● 12.30 a 15.00h. Animación de rúa. Centro urbano.
○ Batucada Axé Bahía
○ Batucada Maracumbé
○ Turdión/Grimorium
○ Seres fantásticos, camiñantes, diaños, piratas e zancudos
● 13.00h. Fakir. Alameda.
● 13.00h. Exhibición de aves. Parque Eguren.
● 13.30h. Desfile – invasión inglesa. Casco urbano.
● 16.30h. Espectáculo infantil. A Deusa dos Mares. Praza Fondo do Saco.
● 17.00h. Concerto. No Ar Kansas. Rúa do Sol.
● 17.30h. Espectáculo infantil. A min a Garda. Alameda.
● 18.00 a 20.00h. Xogos populares. Alameda.
● 18.30h. Fakir. Praza 8 de Marzo.
● 19.00 a 22.30h. Animación de rúa. Centro urbano.
○ Batucada Axé Bahía
○ Batucada Maracumbé
○ Turdión/Grimorium
○ Seres fantásticos, camiñantes, diaños, piratas e zancudos
● 19.00h. Exhibición de aves. Parque Eguren.
● 20.00h. Espectáculo de esgrima Touche. Praza de España.
● 21.30h. Desfile-invasión Corsaria. Casco urbano.
● 22.00h. Concerto. Belle Pop. Lameira.
● 23.30h. Gran espectáculo “O Corsario de Marín”, na Fachada do Concello.
● 00.30 a 03.00 horas. Fin de Festa. Dj Jorge Álvarez e Dj Adrián Gold. Alameda.