Meira faio no posto 9 e Fernández no 3
Os que fosen edís do primeiro goberno bipartito PSdeG-BNG, Salvador Meira e Ezequiel Fernández, regresan á política da man do candidato do PP á alcaldía do Concello de Moaña, Javier Carro. O primeiro ocupará o número 9 da lista popular e o segundo o posto número tres. Ambos forman chegan ao equipo como independentes pero supoñen un importante empuxón para o PP moañés dado que os dous estiveron e están moi implicados na vida social do municipio.
A política forxou unha amizade hai xa algúns anos que se mantivo despois. Meira foi concelleiro de Cultura e Fernández de Mobilidade, Transporte, Seguridade Cidadá, Protección Civil e Participación Veciñal. Tanto un como o outro abandonaron o PSdeG dous anos despois da súa dimisión.