A Xunta revisa as cámaras e prepara unha denuncia ante a Garda Civil
Os dous reloxos recentemente instalados na estación de autobuses de Cangas, que abriu ao público hai só uns días tras unha reforma levada a cabo pola Xunta, xa non están. Foron roubados. Segundo a consellería de Infraestruturas, que pediu un informe detallado ao explotador, a subtracción puido producirse na madrugada do domingo ao luns.
Durante a xornada de onte revisaron as cámaras de seguridade do recinto para posteriormente cursar unha denuncia ante a Garda Civil.