A Policía Local de Moaña informa do roubo de polo menos en catro garaxes do municipio, dous en subterráneos da rúa Ramón Cabanillas, un en Daniel Castelao e outro en Almansa. Todo lles fai pensar, aínda que non o teñen confirmado, que podería tratarse dunha banda itinerante.
Os cacos poderían acceder ao interior dos garaxes con mandos clonados. O botín, en principio de pouco valor, serían apenas algunhas moedas e os danos, rotura dos cristais dalgúns dos vehículos aparcados dentro. Ocorreu na madrugada do venres ao sábado.