Novas cos furancheiros no Concello.

Poderán vender os seus excedentes entre o 1 do próximo mes e o 30 de xuño, tendo en conta que só poden ter actividade por un máximo de tres meses

A nosa terra dá unha materia prima excelente para comer e beber da casa. Iso ben o saben os pequenos productores dos municipios galegos, que cando venden os seus excedentes, non hai quen se resista a degustalos.

Esa é a filosofía dos furanchos, unha cultura que está moi viva en Marín. concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, reuniuse onte coas persoas que abren este tipo de establecementos na nosa vila para encarar a nova tempada.

Na vila, os furanchos poderán abrir do 1 de febreiro ao 30 de xuño, “tendo en conta que cada un non poderá exceder máis de 3 meses aberto para vender os seus excedentes de viño”, recordou Novas. Ademais, o concelleiro lembrou durante a reunión que no caso de que algún aínda teña excedentes pasado o prazo da tempada, poderáselle conceder unha prórroga ata o mes de xullo.

Está previsto que abran os mesmos furanchos ca o ano pasado “e igual tamén algún máis”. Na reunión “quixemos repasar ben a normativa para que se cumpra de xeito escrupuloso e se siga conservando a identidade destes locais, revisando a ordenanza e as tapas que se poden poñer en venta”.

Agora, aqueles furanchos que así o queiran terán que solicitar a licenza ao Concello, que será o encargado de darlle luz verde e que así poidan abrir a súa actividade ao público.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *